Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Actividades

05-11-08 |

Curso Acuicultura: SANIDADE, TRATAMENTO DA AUGUA E TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN

O curso "Sanidade, tratamento da auga e tecnoloxía da produción en acuicultura", organizado polo Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo e dirixido por Luis A. Pérez Carrasco, veterinario doutor en acuicultura e director da División de Acuicultura de Acuinuga, tivo lugar durante os meses de marzo, abril e maio de 2008. 

Este curso de formación técnica dirixido a profesionais parte da premisa de que os veterinarios son parte esencial en todas as actividades sanitarias e comerciais relacionadas co sector, como a epidemioloxía, o rexistro e comercialización de produtos acuícolas, a prescrición de zoosanitarios, a prevención e diagnóstico de enfermidades que afectan ás especies acuáticas de auga doce ou salgada, etc.

A estrutura do curso incluíu cinco talleres tecnolóxicos cubrindo as materias: novas tecnoloxías no tratamento da auga, sanidade animal e tecnoloxía alimentaria en acuicultura, novas tecnoloxías na produción de peixes mariños, novas tecnoloxías na produción de peixes continentais e novas tecnoloxías na produción de moluscos e crustáceos.

Cada un destes talleres estivo dividido en catro módulos técnicos que contaron para cada un deles cun relatorio invitado a cargo dun experto nestas áreas de actividade. Os ralatores convidados foron Leandro Fernández de Stolt Sea Farm (España), o Dr. Natalio García Garbi do Instituto DKFZ en Heidelberg (Alemania), o Dr. Neil Duncan do IRTA/University of Stirling (Reino Unido), o Dr. Victor Oiestad de Akvaplan Niva (Noruega) e a Dra. Ana Roque do IRTA/Universidade Técnica de Lisboa (Portugal).

Cunha duración de 60 horas lectivas, o curso foi acreditado oficialmente pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia con 4 créditos e contou coa asistencia de 60 profesionais, polo que se superou ampliamente o límite de inscrición.