Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Actividades

10-05-11 |

Quinto Taller Sobre Cultivo do Linguado

 

A División de Acuicultura de Acuinuga participou no quinto taller sobre cultivo do linguado que tivo lugar na Universidade do Algarve (Portugal) durante o mes de Abril de 2011. Investigadores, axentes institucionais e empresas procedentes de Portugal, España, Holanda, Noruega, Italia e Reino Unido abordaron a situación do cultivo da especie e as limitantes técnicas que ainda condicionan a medra da produción.

O linguado é un peixe plano de augas temperadas, con un bo valor de mercado e presenza na cociña tradicional de moitas culturas. O cultivo desta especie ten como principais estímulos a súa capacidade de aceptar dietas sen fariña de peixe, a súa tolerancia as variacións na salinidade, a súa rápida adaptación a sistemas intensivos ou semiintensivos e o seu fácil manexo en comparación con especies máis agresivas como o rodaballo.  Para a optimización da tecnoloxía de cultivo quedan, con todo, certos obstáculos que superar, fundamentalmente polo que se refire á obtención de postas espontáneas de machos domésticos, a disparidade de tallas rexistrada en sistemas de engorda e a incidencia dalgunhas enfermidades.

Baixo un formato participativo deseñado para favorecer o debate e o intercambio de información, as sesións cubriron aspectos relacionados coa reprodución e o cultivo larvario, a mellora xenética, a nutrición, a patoloxía, a produción actual e as perspectivas de futuro da actividade.

Máis información sobre o taller: http://www.ccmar.ualg.pt/home/index.php?id=738