Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Acuicultura y Nutrición de Galicia

Acuinuga traballa para a provisión integral de servizos, asistencia técnica e produtos para a produción e a alimentación de especies acuáticas. Para conseguilo reparte as súas actividades en dúas divisións:

Acuicultura

O obxectivo principal desta división é a provisión integral de servizos ao productor de especies acuáticas. España é o segundo país da Unión Europea en consumo per cápita de produtos derivados do mar, tan só por detrás de Portugal.

En España, o sector da acuicultura experimentou un forte crecemento durante estes últimos anos. Grande parte desta actividade ten lugar en Galicia debido ao cultivo intensivo de moluscos, crustáceos e peixes mariños e de auga doce.

Non obstante, e a pesar do aumento constante no número de especies cultivables de importancia comercial, o apoio técnico con que conta a industria parece insuficiente ao non se desenvolver aínda un tecido profesional o suficientemente especializado como para responder ás necesidades do produtor.

Tendo todo iso en consideración, e para satisfacer o obxectivo anterior, estruturamos a División de Acuicultura en tres áreas de actuación

Nutrición

Nesta división traballamos para ofrecerlle os mellores servizos técnicos, o coñecemento máis recente e os produtos máis innovadores no campo da produción animal acuática.

No noso campo de traballo resulta moi frecuente constatar que a alimentación represente un 50% dos custos totais de produción. Pero ademais da súa relevancia económica, a alimentación xoga un papel fundamental na sanidade, reprodución e outros aspectos esenciais da produción animal de especies acuáticas.

Na División de Nutrición de Acuinuga estamos convencidos da necesidade de sacrificar esforzos para a mellora da alimentación en acuicultura. E a pesar de que existen marcadas diferenzas na nutrición das distintas especies acuáticas de interese comercial, tamén é certo que existen, na súa fisioloxía dixestiva, aspectos comúns que resultan de importancia fundamental no desenvolvemento de produtos efectivos.

Contando cun equipo profesional multidisciplinar, capacitado nos mellores centros de formación, e co aval dunha dilatada experiencia internacional na industria da produción animal acuática, ofrecémoslle a nosa sólida cobertura técnica para a alimentación de especies acuáticas tanto de auga doce como de auga salgada.