Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Nutrición

Alimentación en Acuicultura

Desde a División de Nutrición de Acuinuga ofrecémoslles os nosos servizos de formulación personalizada. Baseándose nos coñecementos máis recentes no campo da nutrición animal, deseñamos dietas para todas as especies e estados fisiolóxicos de desenvolvemento, tomando en consideración o sistema de cultivo e as súas condicións.

Preparamos, así mesmo, alimentos especiais de utilidade en casos de desnutrición, enfermidade ou problemas de apetencia en todas as especies acuáticas.

Ofrecémoslle igualmente o noso asesoramento técnico integral na área da nutrición de especies acuáticas.

Descríbannos as súas necesidades no campo da alimentación animal e proporcionarémoslles solucións efectivas.