Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 700 / 12.01.2015

Dispoñibilidade:
7 a 10 días laborables desde a data de pedid.

Prezo orientativo:
Desde 4,50 €/Kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Carbón activado

Tratamento da auga / Medios de filtración

Descrición:

 

Material de filtración con microporos (<2 nm), mesoporos (2-50 nm) e macroporos (>50 nm) susceptibles de reter macromoléculas, colorantes e coloides. Actúa como adsorbente universal. Potente complemento de filtración para a eliminación de proteínas, colorantes, olores e outros contaminantes tanto de medios líquidos como gaseosos. Especialmente indicado na eliminación de compostos apolares e de alto volume molecular (hidrocarburos, fenois, polipéptidos, etc.).

Características:

 

Ingredientes: Carbón activado inerte de orixe mineral.

Destino e Modo de Emprego: Na eliminación de contaminantes presentes en solucións acuosas (auga doce, salobre ou salgada) ou gases: engadir en torres de filtración, filtros físico-biolóxicos, filtros de area ou filtros de cartucho.

Especificacións Técnicas: Densidade aparente 470 kg/m3. Humidade ao envasar máx. 3 %. Superficie interna de adsorción BET: 1000 m2/g. Cinzas: máx. 5 %

Presentación: ACU-GMI P4: pellets de 3 mm de diámetro en sacos kraft de 25 Kg. ACU-GCO 70: po con diámetro medio de partícula de 70 μm en sacos kraft de 25 Kg.

Prezo Orientativo*: ACU-GMI P4: 4,95 €/Kg. ACU-GCO 70: 4,50 €/Kg

*os prezos non inclúen IVE nin gastos de envío

Observacións:

 

O prezo indicado é para pedidos a partir de 500 kg e pode variar dependendo do volume de pedido.Para recibir máis información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.