Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 910 / 13.11.2008

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Sistemas de osixenación

Tratamento da auga / Equipamento para o tratamento da auga

Descrición:

 

Estudo, deseño e instalación de sistemas de osixenación para instalacións de acuicultura, en auga doce ou salgada. Inclúen o cálculo de parámetros e caudais, optimización de consumo de O2, análise de niveis de osíxeno e saturación total de gases en entrada de auga e efluentes. Estudo de alternativas de tratamento de gases (stripping, homoxenización, desaturación, aireación, osixenación, ozonización, etc.) e dos sistemas de osixenación aplicables a cada explotación, tales como difusores cerámicos de microburbullas, inxectores, venturis, xeradores de osíxeno, tanques de contacto de gases, torres de osixenación e/ou aireación. Monitorización, control e axuste de consumos para o aforro do gasto en puntos de osixenación, tanques, depósito e/ou estación de control con centralización de datos ao PC. Optimización de orzamentos, garantía de instalación e mantemento técnico.

Observacións:

 

Para a realización dun estudo de deseños e orzamento personalizado consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.