Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 951 / 13.11.2008

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Sistemas de filtración biolóxica

Tratamento da auga / Filtración biolóxica

Descrición:

 

Sistemas de filtración biolóxica deseñados para instalacións de reprodución (hatcheries), preengorde (nurseries) e engorde de especies de auga doce, salobre ou salgada. Construídos en materiais inertes, robustos e resistentes á corrosión. Alta eficiencia na remoción de sólidos e diminución de microorganismos patóxenos. Eficaz para a eliminación de amonio e biotransformación doutros produtos nitroxenados que garanten auga limpa e de excelente calidade. Equipos económicos de baixo custo, de mantemento e longa vida útil.

Características:

 

Filtros de percolación en poliéster, propileno e PVC. Deseño modular con capacidade de filtración de 10 a 220 m3/h. Medios de filtración con alto poder nitrificante e de corrección de pH. Filtros de campá aerobios en resinas de poliéster, fibra de vidro, aceiro inoxidable AISI 316L e aceiro ao carbono. Con capacidades de filtración de 7 a 90 L/s, micraxe de 30 a 80 µm e presións de traballo de 2,5 a 4 Kg / cm2. Inclúen un segundo colector de auga no fondo do filtro para impedir a formación de bolsas anaerobias. Filtros de cartucho en nailon, tea de aceiro, resina impregnada, fibras de polipropileno, carbón activado, etc. Con capacidades de filtración de 0,4 a 1 L/s, micraxe de 0,1 a 5 µm e dispoñibles en distintas lonxitudes (de 5 a 100 cm).

Observacións:

 

Para máis información e a obtención dun orzamento detallado consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.