Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 320 / 14.05.2009

Dispoñibilidade:
Inmediata.

Prezo orientativo:
42,75 €/L

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Buffodine®

Tratamento da auga / Produtos

Descrición:

 

Desinfectante de ovos de peixes formulado especificamente para o seu uso en instalacións de acuicultura. O pH da solución é neutro e permite unha efectiva desinfección sen danar os ovos. A coloración da solución permite o control da súa actividade xermicida. Buffodine® é un produto totalmente biodegradable, estable na auga e inocuo. Destinado á desinfección de ovos de peixes recentemente fertilizados ou en estado de ollos. Efectivo contra os principais virus, bacterias e fungos. Especialmente recomendado contra Necrose Pancreática Infecciosa (IPN) e Septicemia Hemorráxica Viral (VHS), Necrose Hematopoética Infecciosa (IHN), Yersinia ruckeri (ERM), furunculose (Aeromonas salmonicida), Enfermidade Bacteriana do Ril (BKD), Gyrodactilus salaris e Myxosoma cerebralis.

Características:

 

Ingredientes

Iodo, ioduro de sodio, C13-15 alcohol etoxilato, sulfato de sodio, ortofosfato dihidróxeno de sodio, ortofosfato hidróxeno de disodio, auga.

Modo de Emprego

Desinfección de ovos recentemente fertilizados: Lavar os ovos fertilizados cunha solución de 9 partes de sal en 1.000 partes de auga (90 g de sal en 10 L) ata que os ovos estean limpos. Disolver 9 partes de sal en 1.000 partes de auga (90 g en 10 L) e engadir 10 partes de Buffodine® (100 mL). Mesturar completamente. Somerxer os ovos xa lavados na solución desinfectante durante 10 minutos. Lavar coidadosamente os ovos 4 ou 5 veces nunha solución salina idéntica á anterior. Incubar.

Desinfección de ovos en estado de ollos: Preparar unha solución de 10 partes de Buffodine® en 1.000 partes de auga (100 mL en 10 L). Somerxer os ovos nesta solución durante 10 minutos. Lavar coidadosamente os ovos 4 ou 5 veces en auga limpa e incubar.

Presentación

Botella de polietileno de 1 L.

Observacións:

 

As solucións de Buffodine® débense aplicar de inmediato. Os lavados de ovos débense verter sobre desaugadoiros e non en cursos de auga que desemboquen en estacións acuícolas ou vías fluviais. Prazo de entrega: 15 días laborables desde a data de pedido. Buffodine® ten un período de validez de 2 anos. Para maior información, consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.