Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 472 / 06.03.2015

Dispoñibilidade:
15 días laborables dende a data de pedido.

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Nannochloropsis 18%

Nutrición / Fitoplancto

Descrición:

 

Microalgas verdes concentradas da especie Nannochloropsis oculata. Produto indicado na alimentación de rotíferos, artemia, copépodos, mexillóns nas súas distintas fases de desenvolvemento e sistemas de auga verde. Alga de pequeno tamaño (1-3 µm) con elevadas porcentaxes de ácidos grasos poliinsaturados (EPA, DHA, ARA). Producido e envasado en condicións de esterilidade, asegura unha nutrición completa, garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao diminuír as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características:

 

Destino e Modo de Emprego:

  • Rotíferos e artemia salina: engadir 1 mL de Nannochloropsis 18% para alimentar  250K rotíferos/día.
  • Enriquecemento de DHA: mesturar 12 partes de Isochrysis 6% con 1 parte de Nannochloropsis 18%. Cada mL alimentará arredor de 80K a 120K rotíferos tipo L/día. Para rotíferos tipo S e SS requirirase unha menor cantidade de algas.
  • Sistemas de auga verde: engadir 11 mL de Nannochloropsis 18% por m3 e día. É recomendable subministrar microalgas varias veces ao día para asegurar o consumo constante por parte dos rotíferos.

 

Observacións:

Nannochloropsis 18% pode almacenarse refrixerada (-2ºC a 4ºC) durante 10-12 semanas sen alteración das suas propiedades nutritivas. Non congelar. Para maior información, consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com