Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 702 / 08.01.2015

Prezo orientativo:
11 €/250 g

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Biopellet LFB

Tratamento da auga / Medios de filtración

Descrición:

Material de filtración para leitos fluídos, filtros de area, sacos filtrantes e de percolación, especialmente indicado na configuración de filtros biolóxicos en sistemas de recirculación. As características do biopellet LFB facilitan a medra  inicial de bacterias nitrificantes aerobias a diferentes salinidades e temperaturas, que eliminan amonio, nitritos e compestos nitroxenados da auga, e tamén contribuen á eliminación de fosfatos do medio de cultivo. Nunha segunda fase, o biopellet LFB promove o establecemento dunha capa anaeróbica na que se establecen bacterias desnitrificantes, que eliminan nitratos con grande efectividade e corrixen a acidificación resultante da nitrificación.

Características:

Ingredientes: Polímero inerte aditivado cun complexo específico de carbohidratos como aporte nutricional para a medra de bacterias nitrificantes e desnitrificantes.

Destino e Modo de Emprego: Para o arranque dun novo filtro, utilizar en dosis de 1000 mL (800 g) por cada 500 L de auga do sistema. Os biopellets LFB son consumidos polas bacterias, polo que deben repoñerse periódicamente no filtro, aproximadamente cada 3-6 meses de funcionamento ininterrumpido. Recoméndase situar o efluente do filtro contendo os biopellets LFB á entrada do skimmer ou espumador de proteínas, e monitorizar en continuo os niveis de nitratos e fosfatos da auga.

Presentación: Biopellet LFB: Pellets cilíndricos de 3x5 mm (mín) en botes de plástico de 250 g.

Prezo Orientativo: Biopellet LFB: 11 €/ bote (250 g)

 

Observacións:

Prazo de entrega: 7a 10 días laborais desde data de pedido. O prezo indicado é para pedidos a partir de 500 kg e pode variar dependendo do volume de compra. Para recibir máis información consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com