Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 324 / 04.04.2013

Prezo orientativo:
Dende 5.26€/past 200g

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Aquazix® Algas

Tratamento da auga / Produtos

Descrición:

Alguicida de amplo espectro efectivo fronte a algas pluricelulares (cianofíceas, algas pardas, algas verdes) e unicelulares (diatomeas, haptofitas, Anabaena spp., etc.). Axeitado na prevención e tratamento de floracións algais indesexadas en auga doce, salgada ou salobre. Mellora a oxixenación da auga diminuíndo a Demanda Química de Oxíxeno (DQO), evitando a xeración de vectores orgánicos que facilitan o desenvolvemento de enfermidades.

Características:

Combinación sinérxica de alguicidas e tensioactivos aniónicos.

Formulación sólida en pastillas de fácil aplicación e alta solubilidade. Indicado no tratamento de tanques exteriores, lagoas, depósitos; na limpeza de tuberías, desinfeción de tanques de produción de fitoplancton, semilleros de moluscos, etc.; para a limpeza de mallas e redes de xaulas, esteros de produción de peixes ou crustáceos, etc. En tratamentos alguicidas utilizar en doses de 10-12 pastillas/1000 m3; como profiláctico na prevención do crecemento algal ou microalgal, utilizar en doses de 2-3 pastillas/1000 m3.

Observacións:

 

Produto completamente biodegradable, non resulta na xeración de residuos tóxicos ou perigosos para o medio ambiente. A fin de evitar riscos para as persoas e o medio ambiente siga as instruccións de uso. Mantéñase protexido das altas temperaturas e da luz do sol.