Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 322 / 04.04.2013

Prezo orientativo:
Dende 2.91 €/kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Aquazix® E

Tratamento da auga / Produtos

Descrición:

Desinfectante xeral para centros de cría e produción acuícolas (peixes, moluscos e crustáceos). Posúe actividade fronte a bacterias Gram-positivas e Gram-negativas (Aeromonas, Pseudomonas e Vibrionáceas), esporas bacterianas e fúnxicas, protozoos ciliados, algas, etc. Formulación líquida con actividade funxicida e viricida de amplo espectro.

Características:

Composición:

Combinación de peróxidos, estabilizantes e surfactantes de alta reactancia biolóxica.

Modo de Emprego:

Para desinfección de tanques e aperos aplicar directamente o producto diluído ó 1-2 % durante 12 h, a continuación aclarar con auga (se deixa secar, non é necesario aclarar). Indicado en desinfeccións externas mediante baños contra a enfermidade da branquia en salmónidos, no tratamento de feridas contaminadas, flexibacteriosis, saprolegniosis; tratamento de ectoparásitos, etc.  Para a desinfección de peixes aplicar baños de 50-150 mL por cada 1000 L de auga durante 1 h con aireación constante. Para a desinfección de crustáceos aplicar baños de 40 mL/1000 L de auga durante 1 h ou 20 mL/1000 L de forma continua durante 24 h. Na desinfección de ovos de salmónidos, utilizar doses de 0,5-1 mL/L. Para a desinfección de ovos de outras especies de auga doce: 1-2 mL/L durante 15 min.

Observacións:

Produto completamente biodegradable, non deixa residuos tóxicos ou perigosos para o medio ambiente.