Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 321 / 04.04.2013

Prezo orientativo:
Dende 3.59 €/kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Zix Virox®

Tratamento da auga / Produtos

Descrición:

Biocida de amplo espectro para centros de produción acuícolas. Viricida de amplo espectro, bactericida
con actividade fronte a bacterias gram positivas e gram negativas (Aeromonas, Pseudomonas, Vibrionáceas),
funxicida de amplo espectro, esporicida (fronte a esporas bacterianas e fúnxicas), antiprotozooario
e alguicida. Dependendo da dose a utilizar, pódese aplicar para a prevención sanitaria e tratamento de enfermidades externas en peixes e crustáceos, desinfección de ovos, desinfección de tanques,
depósitos e demais aparellos e utensilios.



   

Características:

Composición:

Combinación sinérxica de peróxidos, ácido peracético, estabilizantes e surfactantes.


Modo de Emprego:

Como desinfectante: Desinfección de ovos de salmónidos, 0,25 mL-0,50 mL/L. Para desinfección
de ovos de outras especies de auga doce: 1-2 mL/L durante 15 min. Para tratamento da enfermidade da branquia (enfermidade das agallas) en salmónidos e tratamento de feridas contaminadas (flexibacteriosis externas), 100-200 mL/1000 L de auga durante 1 hora.

Desinfección preventiva: Para a hixienización xeral da auga, 10-30 mL por cada 1000 L (en auga de mar pode ser necesario duplica-la a dose). Para desinfección externa de peixes logo da súa manipulación ou transporte, 50-150 mL/1000 L de auga, en crustáceos 40 mL/1000 L durante unha hora ou 20 mL/1000 L de auga en continuo durante 24-48 horas.

Para desinfección de tanques e utensilios, aplicar o produto diluído ao 1-2% entre 6-24 horas, a continuación, aclarar con auga (se non se deixa secar, non se precisa aclarado).

Para recibir máis información consulte co noso Departamento Técnico en info@acuinuga.com.



   

Observacións:

Produto completamente biodegradable, non deixa residuos tóxicos ou perigosos para o medio ambiente.