Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 325 / 08.04.2013

Prezo orientativo:
Dende 2.14 €/kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Clean Zix®

Tratamento da auga / Produtos

Descrición:

Deterxente escumante líquido concentrado alcalino para superficies con alto contido en materia orgánica. Desinfectante efectivo para limpeza de todo tipo de superficies e materiais. Alto poder desincrustante, eficaz en todo tipo de augas, mesmo moi duras. Totalmente misturable en auga e de fácil aclarado.

Características:

Composición:  Combinación de álcalis con axentes tensioactivos, humectantes, emulsionantes e secuestrantes.

Modo de Emprego: Aplicar diluído ao 1.5% en superficies con pouca materia orgánica; ao 2% en superficies con contido medio en materia orgánica e ao 3-4% en superficies con moita materia orgánica. Aplicación con mochila ou máquina a presión utilizando os mínimos bares posibles. Mellora a eficacia ao empregarse agua entre 35 e 50 ºC. Non utilizar en circuitos pechados. A capacidad de arrastro de materia orgánica vese favorecida coa humectación previa da superficie a limpar. O tempo de contacto mínimo é de 15 minutos, debendo evitarse o secado durante a súa aplicación. Aclarar con auga dabondo.

Observacións:

Produto con biodegradabilidade superior ao 90%.