Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 475 / 16.03.2015

Dispoñibilidade:
15 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Dieta composta Microalgal®

Nutrición / Fitoplancto

Descrición:

Dieta composta por catro microalgas mariñas que asegura unha nutrición completa para os moluscos bivalvos e crustáceos, incluíndo ostras, ameixas, vieiras e mexillóns. Garante un óptimo perfil nutricional aumentando as taxas de crecemento e supervivencia. Un litro de produto pode reemprazar ao equivalente a 1800 litros de cultivo en alta densidade de algas vivas. Producido e envasado en condicións de esterilidade, proporciona un rango completo de tamaño de partícula (3-16 µm), garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao diminuír as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características:

 

Microalgas incluidas na dietaNannochloropsis spp, Isochrysis, Tetraselmis, Phaeodactylum e Thalassiosira. Peso seco: 18%. É recomendable subministrar a dieta varias veces ao día (>6) para asegurar o consumo por parte do cultivo.

 

Observacións:

Pode ser almacenada refrixerada a temperatura de -2 a 6ºC, durante 10-12 semanas, mantendo as súas calidades nutritivas inalteradas. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.