Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 118 / 08.07.2013

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Semente de Ameixa Babosa

Animais de cultivo / Semente de moluscos

Descrición:

Semente de ameixa babosa procedente de criadeiro (hatchery) en réxime de Acuicultura baixo estrito control sanitario. Exemplares obxecto dun programa de selección para a obtención de altas taxas de crecemento, tolerancia a variación bruscas da salinidade, robustez no manexo e resistencia a enfermidades. Provistas de Certificado Oficial Veterinario da Unión Europea como libres das principais enfermidades.

Características:

Individuos minuciosamente seleccionados de 16 a 18 mm de lonxitude do eixe maior. Peso medio individual = 800 mg. Aproximadamente 1.250 unidades por kg. Presentación: Lotes de 20 Kg en sacos de malla en polipropileno agroalimentario sobre caixas de poliestireno.

Prezo orientativo: Consulte coa Nosa Oficina Comercial

Observacións:

Prazo de entrega: 7 a 10 días laborables dende a data de pedido. Pedido mínimo: 100.000 unidades. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de estabulación, semente e aclimatación dos animais na súa explotación. Para maior información, contacte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com