Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 004 / 03.11.2008

Prezo orientativo:
116 €/mostra

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Control de potabilidade da auga

Análises e medicións / Servizos de laboratorio

Descrición:

 

Provisión de servizos de laboratorio especializados para empresas, institucións, comunidades ou particulares interesados no seguemento da calidade sanitaria da auga para o consumo humano.

Inclúe a realización dun plan de mostraxe, a toma de mostras, a análise de parámetros físicos, químicos e microbiolóxicos e a entrega do Boletín de Resultados do Laboratorio.

Asesoramento técnico sobre o deseño e manexo de sistemas para o tratamento e esterilización da auga con indicación das medidas correctivas máis apropiadas en cada caso.

Características:

 

Análise físico-química da auga: inclúe os parámetros: (1) Condutividade, (2) pH, (3) Amonio total, (4) Nitritos, (5) Nitratos, (6) Cloro total, (7) Cloro libre, (8) Fosfatos e (9) Cobre.

Análise bacteriolóxica da auga: inclúe os parámetros: (1) Coliformes totais, (2) Coliformes fecais, (3) Escherichia coli, (4) Enterococos, (5) Reconto de colonias a 22º C e (6) Clostridium sulfito redutores/Clostridium perfringens.

Observacións:

 

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.

Periodicidade das análises: a acordar. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización doutras análises específicas e obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com.