Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 001 / 20.10.2015

Prezo orientativo:
20 % de desconto

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Servizos Especializados de Laboratorio

Análises e medicións / Servizos de laboratorio

Oferta:

1295

Descrición:

Provisión de servizos de Laboratorio especializados para instalacións acuícolas, cetáreas, cocedoiros, conserveiras, prantas de elaborados, de conxelados, moluscos, crustáceos e cefalópodos etc., así como empresas, asociacións, institucións ou particulares. Servizo destinado ó seguimento dos sistemas de tratamento e desinfección da auga doce ou salgada, a calidade sanitaria dos animais, materias primas produto final. Inclúe a realización de visitas periódicas por técnicos cualificados, toma de mostras e análise de parámetros físico-químicos e microbiolóxicos da auga de cultivo, da empregada nos distintos procesos de produción así como das augas de verquido. Asesoramento técnico sobre sistemas de desinfección, manexo, deseño de procesos, tratamento e xestión de residuos, con indicación das solucións máis apropiadas en cada caso.

Características:

Análise físico-químico da auga: Temperatura, Osíxeno Disolto, Salinidade, pH, Condutividade, Cloro total, Cloro libre, Amonio total, Fosfatos, Cobre, Nitritos e Nitratos, etc.

Análise bacteriolóxico da auga: Coliformes totais, Coliformes fecais, Escherichia coli,Salmonella spp., Listeria monocytoxenes, etc.

Análise bacteriolóxico en vianda de Moluscos, Crustáceos, Cefalópodos e elaborados: Aerobios mesófilos, Coliformes totais, Escherichia coliSalmonella spp., Determinación e investigación de Listeria monocytogenes, Recuento de Listeria monocytogenes, Reconto de enterobacterias, Reconto de Staphylococcus aureus e Clostridium sulfito reductores, etc.

Análise bacteriolóxico en produtos conxelados ou tratados térmicamente: Coliformes totais, Escherichia coliSalmonella spp., Determinación e investigación de L. monocytogenes, Reconto de Listeria monocytogenes, Reconto de enterobacterias, Aerobios mesófilos eStaphylococcus aureus, etc.

Análise bacteriolóxico de produtos frescos: Aerobios mesófilos, Reconto de enterobacterias, Investigación de Salmonella e Shigella, Investigación e reconto deStaphylococcus aureus, etc.

Análise de produto final: Características Organolépticas (color, olor, sabor, textura), Investigación de patóxenos, mellora de rendemento, pigmentación, extensión de vida de produto, etc.

20% de desconto sobre prezo habitual

 Data e Validez da Oferta: 20 de Outubro de 2015/35 días

 

Observacións:

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 Nº CA-1.061.

Periodicidade dos análises: mensual. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización de outros análises específicos e obtención de presupostos personalizado consulte co noso Laboratorio en laboratorio@acuinuga.com