Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 014 / 14.08.2013

Prezo orientativo:
Desde 143 €/unidade

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Medidores de caudal en liña

Análises e medicións / Instrumentación

Descrición:

 

Caudalímetros mecánicos e dixitais de alta calidade e precisión, deseñados especificamente para a medición de caudais en Acuicultura. Poden ser utilizados tanto en auga doce como salgada. Construídos con materiais robustos e resistentes á corrosión, garantindo unha longa vida útil. Os caudalímetros dixitais presentan un dispositivo dixital que rexistra datos instantáneos e totais de caudal medidos en metros cúbicos/segundo ou litros/segundo. Alta linealidade e repetibilidade na medición. Os caudalímetros mecánicos presentan unha escala en litros por minuto impresa no corpo principal do instrumento. De fácil e rápida lectura. Instrumentos de instalación sinxela coa posibilidade de ser transportados dun sitio a outro.

Características:

 

Caudalímetros dixitais: Unidade de medida: metros cúbicos/segundo (m3/s) ou litros/segundo (L/s). Rango de caudal: 1-70 m3/hr. Materiais: PVC, teflón e epoxi. Presión máxima: 150 PSI. Precisión: 1-2%. Linealidade: 0,5%. Tamaño: 5 cm de diámetro x 21 cm de lonxitude. A tubaxe debe estar provista dunha redución femia de 5 cm.

Prezo orientativo: a partir de 900 €/unidade

Caudalímetros mecánicos: Unidade de medida: litros por minuto. Rango de caudal: 1-33 m3/hr. Materiais: Acrílico resistente ao impacto. Temperatura máxima de traballo: 91 ºC. Presión máxima: 150 PSI.  Precisión: 5%. Tamaño máximo da tubaxe: 5 cm de diámetro.

Prezo orientativo: a partir de 143€/unidade

Observacións:

Para maior información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com