Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 704 / 25.11.2016

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Cartuchos de filtración

Tratamento da auga / Equipamento para o tratamento da auga

Descrición:

Cartuchos de filtración en polipropileno, poliamida, nailon, teflón, carbón activado etc. Para filtración en profundidade, afinado de efluentes, control de patóxenos, tratamento da auga en hatcheries, nurseries, prefiltración, eliminación selectiva de produtos químicos etc. Lisos, estriados, plisados, con diferentes termnacións, con o usen núcleo,  deseñados para a súa utilización en acuicultura e tratamento de augas e fluidos. Dotados dunha ampla superficie de contacto, permiten a retención efectiva de partículas, mantendo boas capacidades de fluxo ata con altos niveis de contaminantes. De gran duración e gran volume de vacío na estructura do medio filtrante.

Características:

Campos de aplicación: Filtración de sólidos na acuicultura (hatchery, nursery ou preengorde, engorde, cuarentena), pre-filtración de UV, inertización de ozono, eliminación de cloro, retención de patóxenos, correción de sabores indeseados; tratamento de efluentes, augas de procesos, control de olores, desalación de augas de mar e salobres, retención de aceites e graxas, filtración de productos químicos de baixa viscosidade, absorción de derivados do petróleo a baixa presión,  filtración de gases, etc.

Retención de partículas de 100 µm a 0,05 µm. Fluxos de 1 a 10 m3/h. Diámetro exterior de 66 mm a 312 mm. Lonxitude de 9,75 mm a 1178 mm. Terminacións: aberto en ambos extremos, núcleo extendido en aceiro, xuntas tóricas con ancoraxe de baioneta, con punta de arpón, extremo plano, de silicona, EDPM, Vitón, NBR, etc. Tipos de cartuchos: bobinado de polipropileno ou de algodón; polipropileno; membrana de polietersulfona; membrana de PTFE hidrófoba; membrana de nailon; fibra de vidrio plisada; celulosa e carbón activo ligados; lenticulares de celulosa aglomerada, etc.

 

Observacións:

Prazo de entrega: 7 a 10 días laborables dende data de pedido. O prezo indicado pode variar dependendo do volume de compra. Para recibir máis información consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com