Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 101 / 02.03.2017

Dispoñibilidade:
5 a 7 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Xuvenís domésticos de robaliza

Animais de cultivo / Semente de peixes

Descrición:

 

Xuvenís de robaliza (Dicentrarchus labrax) procedentes dun núcleo de reprodutores domésticos mantidos baixo cultivo controlado. Exemplares seleccionados de 10 g de peso promedio, con coeficiente de variación (CV) inferior ao 18%. O número de individuos deformes non sobrepasa o 1%.

Características:

 

Exemplares obxecto dun programa de selección deseñado para conseguir altas taxas de crecemento, óptima conversión alimentaria, resistencia a enfermidades e boa conformación do canal. Peixes vacinados contra Vibrio spp. e Pasteurella spp. Provistos de certificación oficial veterinaria da Unión Europea como libres das principais enfermidades. Animais totalmente destetados a dietas secas extrusionadas.

Observacións:

 

Forma de pagamento: a convir. Subminístranse un 1% máis dos animais especificados  no pedido para cubrir posibles baixas durante o manexo e transporte ao destino. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de estabulación e aclimatación dos animais na súa explotación. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.