Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 103 / 04.11.2008

Dispoñibilidade:
5 a 7 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:
0,55 €/unidade

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Xuvenís domésticos de dourada

Animais de cultivo / Semente de peixes

Descrición:

 

Xuvenís de dourada (Sparus aurata) procedentes dun núcleo de reprodutores domésticos mantidos baixo programa de selección plurianual. Exemplares seleccionados en lotes homoxéneos de 5 g de peso promedio cun coeficiente de variación (CV) inferior ao 20%. O número de individuos deformes non supera o 2%.

Características:

 

Exemplares obxecto dun programa de selección deseñado para conseguir altas taxas de crecemento, óptima conversión alimentaria, resistencia a enfermidades e boa conformación do canal. Peixes vacinados contra Vibrio spp. e Pasteurella spp. Animais totalmente destetados a dietas secas extrusionadas.

Observacións:

 

Forma de pagamento: A convir. Subminístranse un 1% máis dos animais especificados no pedido para cubrir posibles baixas durante o manexo e transporte ao destino. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece o seu servizo de supervisión técnica durante as fases de estabulación e aclimatación dos animais. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.