Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 104 / 03.11.2011

Prezo orientativo:
Desde 18,05 /1000 ud

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Ovos de troita arcoiris

Animais de cultivo / Semente de peixes

Descrición:

 

Ovos embrionados de troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss), todo-femias, procedentes dun núcleo de reprodutores domésticos. Testados e cualificados mediante certificación oficial veterinaria da Unión Europea como libres das principais enfermidades infecciosas, víricas ou bacterianas. Núcleo de reprodutores vacinados contra a enfermidade da "Boca Vermella" (Yersinia spp.), necrose pancreática infecciosa (IPN), septicemia hemorráxica viral (VHS) e necrose hematopoética infecciosa (IHN).

Características:

 

Ovos provenientes de reprodutores obxecto dun programa de selección deseñado para obter altas taxas de crecemento, óptimos factores de condición e resistencia a enfermidades. Porcentaxe de eclosión ≥90%. Porcentaxe de deformidades ≤1%.

Prezos orientativos* por 1000 ovos

Primavera..................18,05 €

Verán........................19,05 €

Outono......................19,90 €     

Inverno......................18,85 €

*os prezos non inclúen IVE nin transporte ao destino

Observacións:

 

Forma de pagamento: A convir. Prazo de entrega: 5 a 7 días laborables desde a data de pedido. Pedido mínimo: 100.000 ovos. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece o seu servizo de supervisión técnica durante as fases de inmersión, incubación, eclosión, primeira inxesta e alevinaxe. Para máis información e descontos en pedidos superiores aos 300.000 ovos consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.