Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 105 / 05.11.2008

Dispoñibilidade:
5 a 7 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Ovos de Troita Fario

Animais de cultivo / Semente de peixes

Descrición:

 

Ovos embrionados de troita fario (Salmo trutta var. Fario) procedentes dun núcleo de reprodutores europeo. Minuciosamente seleccionados para manter un recurso xenético robusto e acompañados de certificación oficial veterinaria da Unión Europea garantindo a ausencia de enfermidades infecciosas, víricas ou bacterianas.

Características:

 

Ovos provenientes de reprodutores pertencentes a un programa de selección deseñado co obxectivo de obter boas taxas de adaptación ao medio, correcta pigmentación/morfoloxía e resistencia a enfermidades. Porcentaxe de eclosión ≥ 90 %. Porcentaxe de deformidades ≤ 1 %.

Observacións:

 

Forma de pagamento: A convir. Pedido mínimo: 100.000 ovos. A División de Acuicultura de Acuinuga ofrece supervisión técnica durante as fases de desinfección, inmersión, incubación, eclosión, primeira inxesta e alevinaxe, así como estratexias de repoboación. Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.