Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 110 / 05.11.2008

Dispoñibilidade:
7 a 10 días laborables desde a data de pedid.

Prezo orientativo:
6,25 €/kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Ostra rizada de cultivo

Animais de cultivo / Moluscos talla comercial

Descrición:

 

Individuos adultos de ostra rizada (Crassostrea gigas) de excelente calidade procedentes dun núcleo de reprodutores obxecto dun programa de selección deseñado para obter altas taxas de crecemento e resistencia ás enfermidades. Producidos nun sistema de cultivo semiintensivo en augas atlánticas tipificadas como zona A, libres de Bonamia spp., Marteilia spp. e Perkinsus spp. Purificados en auga estéril microfiltrada baixo autorización sanitaria da Unión Europea.  

A pesar de se tratar dun produto refrixerado (4-5 ºC) procedente de zona A, libre das principais enfermidades, como todo molusco para consumo é recomendable a súa depuración mediante cloración ou ozonización (24-48 h, T óptima 12-14 ºC).

Características:

 

Exemplares seleccionados manualmente de 9 a 12 meses de idade. Tempo transcorrido desde a extracción ata a entrega < 36 h. Número de pezas por kg: 8 a 12. Peso vivo medio individual: 90-120 g.

Presentación: Bolsas de malla de 20 kg en polipropileno alimentario.

Observacións:

 

Para maior información contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.