Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 410 / 08.04.2013

Dispoñibilidade:
15 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:
1.75 €/kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Acuiturbot®

Nutrición / Dietas para peixes

Descrición:

 

Dieta completa e balanceada para a alimentación de rodaballo (Scophthalmus maximus) e de interese para outros pleuronéctidos. Asegura unha nutrición completa garantindo uns óptimos factores de conversión, favorecendo a pigmentación natural e contribuíndo ao mantemento da calidade da auga. Produto formulado de acordo coas características produtivas de cada explotación.

Características:

 

Ingredientes: Produtos e subprodutos da industria galega da transformación do peixe. Produtos e subprodutos de cereais. Premestura vitamínico-mineral. Probióticos. Microalgas. Saborizantes. Antioxidantes.

Destino e Modo de Emprego: Alimento completo destinado ao engorde de rodaballo (Scophthalmus maximus) e doutros pleuronéctidos. Subministrar nestas especies a partir dos 5 g (aprox.) de peso promedio, en cantidade e frecuencia segundo a talla e as condicións de cultivo. Utilícese preferentemente antes de 1 ano a partir da data de envasado. Condicións ideais de almacenamento: non sobrepasar os 18ºC. No expoñer á luz. Manter en lugar seco. Para recibir instrucións sobre a técnica alimentaria  que se debe aplicar consulte co noso departamento técnico en info@acuinuga.com.

Presentación: Pellet extrusionado semiflotante (Ø 2 a 10 mm) en sacos plásticos opacos de 25 Kg.

Prezo Orientativo*: 1.75 €/kg

*os prezos non inclúen IVE nin gastos de transporte                                                                                     *prezo variable segundo volume de compra e condicións de pagamento