Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 411 / 06.11.2008

Dispoñibilidade:
15 días laborables desde a data de pedido.

Prezo orientativo:
9,75 €/L

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Acuimicro®

Nutrición / Microdietas para peixes

Descrición:

 

Dieta líquida micronizada para a alimentación de larvas de peixes mariños (Dicentrarchus spp., Dentex spp, Scophthalmus spp., Solea spp., Sparus spp., etc.). Permite a redución de custos mediante a substitución parcial de alimento vivo, facilitando o destete a dietas inertes. Favorece a pigmentación natural e contribúe ao mantemento da calidade da auga.

Características:

 

Ingredientes: Fariña e subprodutos de peixe. Cereais. Extractos de proteínas vexetais. Probióticos. Minerais. Vitaminas. Microalgas. Antioxidantes. Saborizantes.

Destino e Modo de Emprego: Subministrar a estados larvarios e en primeira inxesta de peixes teleósteos mariños en cantidade e frecuencia segundo a talla e as condicións de cultivo. Utilícese preferentemente antes de 30 días a partir da data de envasado. Condicións ideais de almacenamento: manter refrixerado. Non expoñer á luz. Susceptible de conxelación (-20ºC). Para recibir instrucións sobre a técnica alimentaria  que se debe aplicar consulte co noso departamento técnico en info@acuinuga.com.

Presentación: Dieta líquida micronizada (tamaño medio de partícula 36 μm, rango 20 a 170 μm) con flotabilidade neutra en bag-in-box termoselladas e opacas de 5 L con billa antigoteo.

Prezo Orientativo*: 9,75 €/L

*os precios non inclúen IVE nin gastos de transporte                                                                                           *prezo variable segundo volume de compra e condicións de pagamento