Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 473 / 07.02.2015

Dispoñibilidade:
15 días laborables dende a data de pedido.

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Isochrysis 18%

Nutrición / Fitoplancto

Descrición:

 

Microalgas concentradas marrón-douradas e flaxeladas do xénero Isochrysis. Idónea para a alimentación de rotíferos, artemia, copépodos, crustáceos e moluscos bivalvos nas súas distintas fases de desenvolvemento. Alga de pequeno tamaño (3-6 µm) con altas porcentaxes de DHA, esencial para o normal desenvolvemento e crecemento de larvas de peixes, crustáceos e moluscos. Producido e envasado en condicións de esterilidade, este produto asegura unha nutrición completa, garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao diminuír as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características:

 

Destino e Modo de Emprego

  • Enriquecemento de DHA: mesturar 12 partes de Isochrysis 18% con 1 parte de Nannochloropsis 18%. Cada mL alimentará arredor de 80K a 120K rotíferos tipo L/día.  
  • Ameixa, ostra e vieira: recomendamos a mestura de 20% de Pavlova 18%, 30% de Isochrysis 18% e 50% de Acuiclam®. Ración de mantemento: alimentar a unha taxa diaria do 1,5% do peso vivo total dos animais estabulados. Ración de crecemento: alimentar a una taxa diaria do 3% do peso vivo total dos animais estabulados.

 

Observacións:

Isochrysis 18% pode almacenarse refrixerada (-2 ºC a 4º C) durante 10-12 semanas, sen alteración das suas propiedades nutritivas. Non conxelar. Para maior información, consulte coa nosa Oficina Comercial en  ventas@acuinuga.com .