Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 476 / 07.03.2015

Dispoñibilidade:
15 días laborables dende a data de pedido.

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Tetraselmis 18%

Nutrición / Fitoplancto

Descrición:

 

Concentrado de microalgas verdes flaxeladas do xénero Tetraselmis. De grande tamaño (20-30 μm), contén altos niveis de lípidos e aminoácidos esenciais que estimulan a alimentación e o crecemento de especies mariñas como rotíferos, artemia salina, copépodos, crustáceos e moluscos bivalvos nas súas distintas fases de desenvolvemento. Producido e envasado en condicións de esterilidade, asegura unha nutrición completa, garantindo o crecemento e a vitalidade dos animais. Permite a redución de custos ao diminuír as necesidades de produción propia de microalgas. Posibilita a alimentación larvaria durante calquera estación do ano.

Características:

 

Destino e Modo de Emprego:

  • Larvas de teleósteos mariños: mesturar a partes iguais con Nannochloropsis 18% para a produción de rotíferos. Pódese utilizar no enriquecemento de artemia.
  • Moluscos: recomendamos a mestura a partes iguais con Acuiclam® para o engorde de xuvenís e adultos de ostras, mexillóns, ameixas e pectínidos.
  • Crustáceos: especialmente indicada na prevención do "síndrome de zoea".

 

Observacións:

 

Tetraselmis 18% pódese almacenar durante 12 ou 14 semanas, refrixerada entre -2 y 4 ºC ou ata 1 ano conxelada (-20 ºC), mantendo completamente inalteradas as súas cualidades nutritivas. Para maior información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.