Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 520 / 07.11.2008

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Deseño de instalacións

Equipamento de producción / Produción

Descrición:

 

Estudo, deseño e construción de instalacións para a Acuicultura mariña e continental. Inclúe o estudo de situación, alternativas de captación de auga, cálculo de parámetros, caudais e deseño de procesos. Deseño de estacións de reprodución ou hatcheries, preengorde ou nurseries, engorde, estocaxe, procesado e comercialización. Estudo das alternativas de produción incluíndo gaiolas, bateas, long-lines, instalacións en terra, tanques, esteiros, raceways, sistemas pechados ou abertos. Identificación do tipo de instalacións idóneas, dimensións e características da(s) nave(s) de produción, réxime de bombeo, número, volumes e estrutura de tanques, sistemas de filtración e tratamento da auga, sistemas de recirculación da auga, sistemas de refrixeración/calefacción da auga, sistemas de iluminación, etc. Identificación das instalacións auxiliares necesarias como a área de cultivo de microalgas, área de produción de zooplancto, cámara(s) de refrixeración/conxelación, almacén de pensos, sala de manipulación e envasado, elementos auxiliares de transporte, apeiros, instrumentación, área de laboratorio, oficinas, etc.  Monitorización, control e axuste de consumos para o aforro do gasto, automatización e centralización de datos ao PC. Optimización de orzamentos, garantía de instalación e mantemento técnico.

Observacións:

 

Para a realización dun estudo preliminar de deseños e orzamento personalizado, consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.