Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 524 / 07.11.2008

Prezo orientativo:
Consultar

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Revestimentos técnicos para Acuicultura

Equipamento de producción / Produción

Descrición:

 

Revestimentos técnicos deseñados para impermeabilizar e protexer superficies difíciles como tanques de cultivo de fibrocemento ou formigón, pavimentos limpos de hatcheries, nurseries, antiesvaradíos en plantas de engorde, recubrimento de estanques ou esteiros de terra. Os seus compoñentes outórganlles propiedades de grande resistencia a todo tipo de líquidos, gases, sales, como os cloruros, e a radiación UV que garanten unha longa vida útil. De fácil utilización e aplicación. Carentes de compoñentes tóxicos e medioambientalmente seguros.

Características:

 

- Resinas epoxi autonivelantes. Densidade aproximada 1,3 g/cm3. Contido de sólidos en volume 100%. Película seca recomendada: 300 µm por capa. Rendemento teórico: 3,3 m2/L cunha capa de 300 µm. Tempo de secado (ao tacto) 5 horas. Intervalo antes de repintado: mínimo 40 horas, máximo 20 días. Curado total despois de 5 días.

- Xeomembranas de polietileno ou PVC de alta/baixa densidade. Medida estándar: 200 m de longo x 7,5 m de ancho. Espesor: a partir de 0,5 mm ata 6 mm. Composición aproximada: 97,5% de polietileno/PVC, 2,5% de carbón negro e cantidades trazas de antioxidantes e estabilizadores de calor. Densidade: 0,94 g/cm3.

Observacións:

 

Para maior información sobre estes produtos comuníquese coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.