Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 525 / 07.11.2008

Prezo orientativo:
Desde 180 €/unidade

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Colectores para especies acuáticas

Equipamento de producción / Produción

Descrición:

 

Colectores para especies acuáticas de auga doce ou salgada, deseñados especificamente para o seu uso en acuicultura. Construídos con materiais de alta calidade e robustez que garanten a máxima durabilidade en condicións ambientais extremas. As súas paredes e fondos lisos aseguran a máxima hixiene e evitan lesións dos organismos estabulados por rozamentos. As súas propiedades illantes permiten o mantemento dos animais a temperatura constante. Con sistema de drenaxe, tapa illante (opcional) e base adaptada para manipulación con transpallet/carreta elevadora. Reixa interior de drenaxe, escala de volume, racores, serigrafía e homologación baixo pedido.

Características:

 

Materiais: dobre parede de polietileno con recheo de escuma de poliuretano expandido. Dimensións: desde 91 cm (longo) x 71 cm (ancho) x 68 cm (alto). Ata 147 cm de longo x 117 cm de ancho x 88 cm alto. Capacidade: de 260 a 930 L. Peso: de 26 a 86 Kg. Sistema de drenaxe con 2-4 saídas de 5 cm de diámetro. Patíns de transporte. Apilables.

Observacións:

 

Para maior información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.