Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 510 / 07.11.2008

Prezo orientativo:

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Clasificadoras de peixes

Equipamento de producción / Manexo

Descrición:

 

Clasificadoras de peixes vivos de alta precisión (a partir de 0,5 g). Permiten a clasificación de peixes vivos de distintas especies do modo máis idóneo, sen danos en tegumento ou escamas, e favorecen a redución do canibalismo, a homoxeneidade de lotes e o crecemento do cultivo. Deseñadas para ser acopladas a bomba de extracción de peixes e contador electrónico de peixes (fichas técnicas n.º 512 e 511). As súas cintas clasificadoras e o sistema de rolos, continuamente irrigados por agua, aseguran o paso suave dos peixes pola máquina. Construídas con materiais de primeira calidade, garanten o bo estado da máquina durante anos e un mantemento mínimo. Inclúen un sistema especial de elevación e achega de auga. Permiten o posicionamento correcto dos peixes durante o transporte a través da máquina. O sistema de saída permítelle ao operario manter auga no fondo da estrutura continuamente. Máquinas moi lixeiras e facilmente manexables.

Características:

 

Saídas para peixes clasificados en ambos lados da estrutura. Capacidade: 1-8 Tm/h. Accionadas mediante 2 motores eléctricos de 0,5 a 1 Kw, 1 e 2 velocidades, 220/380 V. Idónea para a clasificación de peixes a partir de 0,5 g ata 5 Kg. Fluxo de auga da bomba requirido de 100 a 1500 L/min. Canles de selección: de 3 a 5. Peso da máquina: de 100 a 420 Kg. Materiais: aceiro AISI 318L, aluminio resistente á corrosión e polietileno P40.

Observacións:

 

Para maior información e obtención dun orzamento pormenorizado contacte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.