Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 5100 / 07.11.2008

Prezo orientativo:
Desde 9.540 €

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Clasificadoras de peixes planos

Equipamento de producción / Manexo

Descrición:

 

Clasificadoras de peixes planos (rodaballo, linguado, platixa, fletán, etc.) de alta precisión (± 0,1 g). Permiten a clasificación de exemplares desde 1 g ata 3 kg de peso corporal, favorecendo a redución do canibalismo, a homoxeneidade dos lotes e o crecemento do cultivo. Deseñadas especificamente para peixes planos, incorporan un sistema especial de rodos continuamente irrigados por auga que aseguran o paso suave dos peixes pola máquina. Posúen saídas para peixes clasificados en ambos os lados da estrutura. Construídas con materiais de primeira calidade que garanten o bo estado da máquina durante anos cun mantemento mínimo. Inclúen un sistema especial de elevación e achega de auga que permite manter os peixes en posición correcta durante o transporte en vivo. O sistema de saída permítelle ao operario manter auga no fondo da estrutura continuamente, minimizando o estrés de manexo. Máquinas moi lixeiras e facilmente manexables.

Características:

 

Modelo A: 3 canles de selección. Tamaño de clasificación: de 1 g a 100 g. Accionada por 2 motores eléctricos de 0,5 Kw. 1 velocidade, 220/380 V. Prezo Orientativo*: 9.540 €

Modelo B: 3 canles de selección. Tamaño de clasificación: 2 g a 1 Kg. Accionada por 2 motores eléctricos de 1 Kw. 2 velocidades, 220/380 V. Prezo Orientativo*: 18.240 €

Modelo C: 4 canles de selección. Tamaño de clasificación: 5 g a 3 Kg. Accionada por 2 motores eléctricos de 1 Kw. 2 velocidades, 220/380 V. Prezo Orientativo*: 26.700 €

Construción en aceiro inoxidable AISI 318L, aluminio resistente á corrosión e polietileno P40.

*os prezos non inclúen IVE nin gastos de transporte ao destino

Observacións:

 

Para maior información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.