Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 511 / 07.11.2008

Prezo orientativo:
Desde 11.990 €

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Contador electrónico de peixes

Equipamento de producción / Manexo

Descrición:

 

Contador electrónico de peixes de grande precisión (99%). Permite o cálculo preciso de biomasa para o axuste de densidades de estabulación, niveis de alimentación, protocolos de vacinación, etc. De fácil manexo, os animais discorren por 1-4 catro canais de conta independentes. O número de peixes que pasa polo extremo de cada canle queda rexistrado nunha central de control. No caso de que dous ou máis peixes pasen simultaneamente pola canle, o microprocesador utiliza un avanzado sistema de software algorítmico que permite procesar os datos obtidos no reconto, minimizando as posibilidades de erro. Están deseñados para a súa utilización conxunta con bombas de trasvase e clasificadoras automáticas (fichas técnicas n.º 510 e 512) que permiten o trasvase, a clasificación e a conta do cultivo nunha soa operación.

Características:

 

Unidade central CPU con 3 unidades de escáneres, 3 canles de conta, 3 cables de interconexión coaxial e 1 alarma audio. Precisión do 99%. Alimentación monofásica. Idóneo para a conta de peixes de talla de 3 g ata 6 kg.

Observacións:

 

Para maior información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com.