Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 108 / 03.02.2009

Dispoñibilidade:
Inmediata.

Prezo orientativo:
3,90 /Kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Troita asalmonada de lagoa

Animais de cultivo / Peixes talla comercial

Descrición:

 

Troita asalmonada procedente do núcleo de reprodutores seleccionado para unha boa pigmentación, unha correcta conformación corporal e un alto rendemento ao fileteado. Talla en rango 1 a 1,5 Kg.

Sistema de cultivo en gaiolas con baixa densidade. Alta calidade de auga no estuario do río Miño. Cultivo obxecto dun programa de seguemento da calidade da auga que inclúe mostraxes semanais con certificación por laboratorio externo. Alimentación a base de dietas balanceadas salmonizantes que derivan nun produto magro con baixos contidos en graxa e carne firme.

Características:

 

Composición nutricional orientativa por 100 g: Calorías 131 g; Graxa 5,4 g; Proteína 20,8 g; Omega3  0,986 g; Colesterol 59 mg; Sodio 35 mg. Color vermello+14.

Presentación: fresca enteira en caixas de poliestireno alimentario. Outras presentacións (eviscerada, fileteada, IQF) dispoñibles baixo pedido.

Observacións:

 

Para maís información consulte coa nosa oficina comercial en ventas@acuinuga.com