Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Produto

Nº 109 / 28.06.2010

Dispoñibilidade:
Inmediata.

Prezo orientativo:
Desde 14,65 /Kg

(Non incluén IVE nin gastos de transporte)

Folla de pedido Mais información

Rodaballo de cultivo extensivo

Animais de cultivo / Peixes talla comercial

Descrición:

 

Rodaballo fresco procedente de sistema de semicultivo en esteiros desenvolvido en augas de calidade contrastada por laboratorios oficiais. Trazabilidade total desde a orixe ata o destino. Aspecto externo con pigmentación moi intensa e mucosidade cutánea transparente, globo ocular convexo, córnea transparente e pupila negra brillante. Exemplares sometidos a rigorosos controis sanitarios antes da súa comercialización, con ausencia de parasitos, fungos, salmonela e residuos de medicamentos. Factor de condición K= 1,02%.

Exemplares seleccionados obxecto dun programa de produción a partir de alimento natural, deseñado para obter animais magros con baixos niveis de graxa e máxima palatabilidade.

 

Características:

 

Composición nutricional orientativa: Valor enerxético 93,8 Kcal; Proteínas 21,6 g; Hidratos de carbono 1,4 g; Graxas 2,3 g; Graxa saturada 0,3 mg; Calcio 22,0 mg; Ferro 1,0 mg; Magnesio 20,0 mg; Cinc 0,5 mg; Sodio 115,5 mg; Potasio 290,0 mg; Fósforo 164,0 mg; Ac. fólico 16,8 μg; Colesterol 55,2 mg; Tiamina (B1) 0,06 mg; Riboflavina (B2) 0,14 mg; Piridoxina (B6) 0,15 mg; Vit B12 0,8 μg; Vit. A 14,0 μg; Cinzas 1,11 mg.

Rodaballo, Scophthalmus maximus

Exemplares 0,8 - 1,0  Kg                                                       14,65 €/Kg

Exemplares 1,0 - 1,5 Kg                                                             14,95 €/Kg

Exemplares 1,5 - 2,0 Kg                                                       15,45 €/Kg

Observacións:

 

Para máis información consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com

Prema aquí para ver o proxecto Cultivo extensivo de rodaballo