Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Acuicultura y Nutrición de Galicia

Área de xenética

A Unidade de Xenética e Reprodución da División de Acuicultura de Acuinuga ten como obxectivo a provisión de asistencia técnica para o manexo e selección de reproductores de especies acuáticas.

Para satisfacer este obxectivo, Acuinuga desenvolve as seguintes actividades:

  • O asesoramento na selección de novas especies de cultivo (anguías, bacallau, bagres, ollomol, carpas, dourada, esturión, robaliza, pescada, mero, pragos, tilapias, túnidos, polbo e outros cefalópodos, moluscos bivalvos de alto rendemento, crustáceos tipo Penaeus, camarón, lagostino, lagosta, lumbrigante, nécoras e cangrexos, etc.).
  • O deseño de instalacións para a reprodución e preengorde de especies acuáticas (hatcheries e nurseries).
  • A xestión da importación/exportación de semente de cultivo para especies tradicionais (especies ornamentais, mexillón, ameixa, berberecho, ostra, rodaballo, linguado, robaliza, dourada, seriola, salmón, troita, vieira, etc.) incluíndo a expedición de guías e certificados veterinarios preceptivos.
  • O asesoramento e instrución no manexo de reprodutores, e en particular nas técnicas de anestesia, cirurxía e na provisión de equipamento e produtos veterinarios especializados (anestésicos, tranquilizantes, cicatrizantes, material cirúrxico e obstétrico, etc.).
  • O control veterinario da reprodución e, en particular, a aplicación de técnicas de indución e control de calidade de posta (indución hormonal, control de fotoperíodo e temperatura, etc.).
  • A monitorización de reprodutores mediante o cálculo de parámetros morfométricos a pé de explotación (índice gonado-somático, cálculos de calidade de posta, fertilidade e fecundidade), o sexo de reprodutores mediante a exploración ecográfica das gónadas e/ou a análise histolóxica de biopsias gonadais.
  • A elaboración de plans de selección para reprodutores específicos para cada produtor, e o asesoramento na aplicación de técnicas de mellora e control da maduración sexual (xeración de poboacións monosexo, poliploidización, hibridización).

Outras áreas de actuación da división de Acuinuga son: