Co obxectivo de incrementar a eficiencia no cultivo de especies acuáticas, a Área de Xestión de Produciónda División de Acuicultura de Acuinuga participa na provisión de coñecementos e tecnología e naconsultoría de xestión en Acuicultura.

As actividades desenvolvidas dentro desta Área de Xestión da Produción son:

  • A elaboración de proxectos integrais para o cultivo de especies acuáticas, incluíndo non só a totalidade dos aspectos técnicos ou biolóxicos senón tamén os económicos, legais e comerciais que garantan a viabilidade do proxecto.
  • O deseño de instalacións e procesos para a produción de especies acuáticas.
  • O asesoramento xurídico (lexislación zoosanitaria, bromatolóxica e de produción animal) e financeiro (identificación de fontes de financiamento, oportunidades de negocio e xestión de axudas e subvencións).
  • O asesoramento na selección de tecnoloxías para o tratamento de residuos en efluentes, a xestión de control ambiental e da calidade de auga.
  • O asesoramento nos procesos de transformación (sacrificio e procesado, fileteado e preparación; elaboración de afumados, envasados, pasteurizados, conxelados, enlatados, etc.) e mercadotecnia (deseño de estratexias para a mellora das calidades organolépticas como coloración, textura, sabor, olor; a presentación, envasado e etiquetado, etc.) do produto.
  • O asesoramento no tratamento do risco na produción de especies acuáticas (elaboración de plans de seguridade e hixiene personalizados para cada produtor, pólizas de seguro en produción animal, etc.).

Outras áreas de actuación da división de Acuinuga son:

Área de Xenética e ReproduciónÁrea de Patoloxía