Cartuchos de filtración
Características

Campos de aplicación: Filtración de sólidos na acuicultura (hatchery, nursery ou preengorde, engorde, cuarentena), pre-filtración de UV, inertización de ozono, eliminación de cloro, retención de patóxenos, correción de sabores indeseados; tratamento de efluentes, augas de procesos, control de olores, desalación de augas de mar e salobres, retención de aceites e graxas, filtración de productos químicos de baixa viscosidade, absorción de derivados do petróleo a baixa presión,  filtración de gases, etc.

Retención de partículas de 100 µm a 0,05 µm. Fluxos de 1 a 10 m3/h. Diámetro exterior de 66 mm a 312 mm. Lonxitude de 9,75 mm a 1178 mm. Terminacións: aberto en ambos extremos, núcleo extendido en aceiro, xuntas tóricas con ancoraxe de baioneta, con punta de arpón, extremo plano, de silicona, EDPM, Vitón, NBR, etc. Tipos de cartuchos: bobinado de polipropileno ou de algodón; polipropileno; membrana de polietersulfona; membrana de PTFE hidrófoba; membrana de nailon; fibra de vidrio plisada; celulosa e carbón activo ligados; lenticulares de celulosa aglomerada, etc.

Observacións

Prazo de entrega: 7 a 10 días laborables dende data de pedido. O prezo indicado pode variar dependendo do volume de compra. Para recibir máis información consulte coa nosa Oficina Comercial en ventas@acuinuga.com