Laboratorio de Control de Calidade
Características

Análise físico-química da auga: inclúe os parámetros: (1) Temperatura, (2) Osíxeno disolto, (3) Salinidade, (4) pH, (5) Condutividade, (6) Cloro total, (7) Cloro libre, (8) Amonio total, (9) Fosfatos, (10) Cobre, (11) Nitritos e (12) Nitratos. Prezo Orientativo*: 168 €

Análise bacteriolóxica da auga: inclúe os parámetros: (1) Coliformes totais, (2) Coliformes fecais, (3) Escherichia coli, (4) Salmonella spp. e (5)  Listeria monocytogenes. Prezo Orientativo*: 250 €

Análise bacteriolóxica de moluscos en vianda, crustáceos e produtos derivados: inclúe os parámetros: (1) Aerobios mesófilos, (2) Coliformes fecais (NMP), (3) Escherichia coli (NMP), (4) Salmonella spp., (5) Determinación e investigación de Listeria monocytogenes, (6) Reconto de Listeria monocytogenes, (7) Reconto de enterobacterias, (8) Reconto de Staphylococcus aureus e (9) Clostridium sulfito redutores. Prezo Orientativo*: 700 €

Análise bacteriolóxica en produtos conxelados: (1) Coliformes fecais (NMP), (2) Escherichia coli (NMP), (3) Salmonella spp., (4) Determinación e investigación de L. monocytogenes, (5) Reconto de Listeria monocytogenes, (6) Reconto de enterobacterias, (7) Aerobios mesófilos e (8) Staphylococcus aureus. Prezo Orientativo*: 700 €

Análise bacteriolóxica de peixe fresco: (1) Aerobios mesófilos, (2) Reconto de enterobacterias, (3) Investigación de Salmonella e Shigella e (4) Investigación e reconto de Staphylococcus aureus. Prezo Orientativo*: 600 €

Análise do produto final: avaliación dos parámetros: (1) Características organolépticas (cor, olor, sabor e textura) e (2) Investigación de patóxenos. Prezo Orientativo*: 200 €

*os prezos non inclúen IVE nin gastos de transporte

Observacións

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.

Periodicidade das análises: mensual. Ensaios analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización doutras análises específicas e obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com.