¿Está interesado en iniciar actividade na industria da acuicultura?
¿Quere participar no sector da produción animal de maior crecemento nas últimas décadas?
¿Ten unha idea de cultivo pero non sabe como levala á práctica?

A División de Acuicultura de Acuinuga elabora proxectos técnicos para o cultivo de especies acuáticas en distintos réximes produtivos. Estes proxectos comprehensivos están normalmente compostos de cinco elementos:

  • A análise de situación da explotación (batimetría, estudo de fondos, réxime de temperaturas, comunicacións, etc.).
  • O deseño e selección das instalacións (circuíto pechado ou aberto, gaiolas ou tanques, esteiros ou raceways, etc.).
  • O estudo da idoneidade de procesos (preengorde e/ou engorde de alevín, estabulación de reprodutores, produción de ovos fertilizados, etc.).
  • A elaboración dun plan económico de viabilidade anexo a unha análise de mercado específico (previsións de vendas, evolución do mercado, custo de materias primas e gastos de funcionamento, etc.).
  • O estudo xurídico-financeiro da actividade proposta (identificación de posibles axudas e subvencións, licenzas de actividade requiridas, etc

A través do vínculo adxunto accederá ao noso Formulario de Clasificación de Proxectos que require información necesaria para avaliar as súas necesidades de xeito preciso, á vez que nos facilita a elaboración dun orzamento personalizado. De estar interesados na obtención dun orzamento detallado e por partidas exhaustivas, agradeceriámoslle que o cubrise e nolo remitise ben por correo electrónico, ordinario ou a través do fax.

Impreso clasificación proxectosProxectos realizados