Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

I+D

30-10-08 |

Aproveitamento acuícola de subproductos pesqueiros

 

Os residuos e subprodutos procedentes da industria pesqueira e acuícola, de transformación e da industria conserveira constitúen un serio problema medioambiental debido ao seu elevado volume de xeración. A crecente presión social e un marco legal cada vez máis restritivo obrigan a adoptar medidas correctoras que permitan o tratamento dos residuos que se xeran.

En termos xerais, trátase de residuos cun alto contido en nutrientes con valor biolóxico, o que permite a posibilidade de implementar procesos de aproveitamento economicamente viables. Non obstante, en moitos casos requírense importantes desenvolvementos tecnolóxicos debido á natureza heteroxénea dos residuos ou ao escaso valor comercial do produto final.

Desde o noso punto de vista, as solucións de aproveitamento deben ser comprehensivas (implicando a retirada total do residuo ao xerador), tecnicamente factibles a escala industrial e sostibles económicamente.

O noso interese nesta área de actividade deriva da crecente dificultade para encontrar no mercado ingredientes de primeira calidade susceptibles de inclusión en dietas acuícolas, fundamentalmente fariñas e aceites de peixe e/ou cefalópodos. No contexto pesqueiro europeo o volume de descartes e o crecemento da industria transformadora xustifican, ao noso xuízo, o desenvolvemento de novas tecnoloxías que permitan a máxima revalorización nutricional destes residuos e subprodutos.

Para iso traballamos na optimización dun proceso de tratamento pioneiro que permite obter un produto final de alta calidade nutricional, mantendo a composición orixinal de aminoácidos e lípidos de elevado valor biolóxico. A deshidratación é o proceso clave do sistema, mediante o que a materia prima é sometida simultaneamente a un fluxo de aire a alta temperatura e baixa presión, ao tempo que é moída. Este sistema asegura unha área máxima de transferencia de calor que fai o proceso de secado máis eficiente e cun consumo enerxético moito menor. O tempo de exposición requirido é de só uns segundos e por esta razón denomínase proceso flash.

Os produtos así obtidos presentan características superiores ás de outros produtos xa presentes no mercado, entre elas: