Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Certificadora Gallega del Noroeste

Laboratorio con Certificación ISO 9001:2008 Nº CA-1061
Acreditado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
Ref. SA680A 2002/19-0

Laboratorio

A continua expansión do sector acuícola e o seu rápido crecemento leva asociado un aumento na necesidade de controlar os parámetros que afectan ao cultivo das especies acuícolas.

O control da calidade das augas dos centros de cultivo, a condición sanitaria dos animais producidos e das materias primas utilizadas no proceso, así como a monitorización externa das instalacións son fundamentais para obter un produto de calidade nun ámbito cada vez máis competitivo.

Co Laboratorio de Acuicultura de ACUINUGA poñemos á súa disposición unha ferramenta profesional para o control exhaustivo destes parámetros tanto a pequena como a grande escala.

Inscrito na Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade (n.º 46/GA/SA 680 A) desde 2002, o laboratorio conta coa certificación ISO 9001:2000 (n.º EC-3641/08), que garante a realización de ensaios analíticos mediante métodos normalizados (normas ISO, Estándar Methods, AOAC, AFNOR, etc.) e baixo protocolos estritamente profesionais.

Laboratorio de acuicultura

Provisión de servizos de laboratorio especializados para hatcheries, nurseries e instalacións de preengorde e engorde, tanto mariñas como de augas continentais.

Servizo destinado ao control sanitario de parámetros físico-químicos da auga e animais de cultivo en explotacións acuícolas.

Descargar PDF

Laboratorio de control de calidade

Provisión de servizos de laboratorio especializados para cetarias, cocedoiros, plantas de elaborados e conxelados de peixe, moluscos, crustáceos e cefalópodos.

Servizo destinado ao seguimento da calidade sanitaria de animais, materias primas e produto final.

Descargar PDF

Laboratorio de depuradoras

Provisión de servizos de laboratorio especializados para centros de depuración de moluscos.

Servizo destinado ao seguimento da calidade sanitaria de animais e auga de depuración.

Descargar PDF

Laboratorio de conservas

Provisión de servizos de laboratorio especializado para a industria conserveira.

Servizo destinado ao seguimento da calidade sanitaria de materias primas e produto final.

Descargar PDF

Laboratorio de control de potabilidade de augas

Provisión de servizos de laboratorio especializado para empresas, institucións, comunidades ou persoas interesadas no seguimento da calidade sanitaria da auga de consumo humano.

Descargar PDF

Laboratorio ambiental e de control de superficies

Provisión de servizos especializados de laboratorio para depuradoras, cetarias, cocedoiros, plantas de elaborados e conxelados de peixe, moluscos, crustáceos e cefalópodos.

Servizo destinado para comprobar o estado hixiénico dos lugares de traballo tanto das superficies e utensilios como do ambiente e do persoal.

Descargar PDF

Manual de análise de perigos e puntos de control críticos

Provisión de servizos especializados de laboratorio para depuradoras, cetarias, cocedoiros, plantas de elaborados, conxelados de peixe, mariscos, peixarías e distribuidores de produtos da pesca.

Servizo destinado á implantación do sistema APPCC nas industrias do sector.

Sistema que permite identificar perigos específicos e medidas para o seu control co fin de asegurar a máxima calidade alimentaria nos sistemas de produción.

Descargar PDF