Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Novidades

13-11-13 |

Novo proxecto BFH-R na China

Un consorcio chino-noruegués que agrupa a diversas empresas, institucións públicas e ONGs foi asinado recentemente coa construcción dun centro de referencia para a produción intensiva de especies acuáticas na illa de Hainan, no sureste da China. Na súa primeira fase, este novo proxecto vaise concentrar na produción en terra de salmón do Atlántico (Salmo salar) e bacallau (Gadus morhua) con tecnoloxía BFH-R, adicando unha superficie aproximada de 70 hectáreas e con data prevista de conclusión no segundo semestre do 2014. 

 

 Este ambicioso proxecto ten como obxectivo demostra-la viabilidade da tecnoloxía BFH -R para a produción intensiva de especies de interese comercial, reducindo a forte dependencia externa característica do mercado chinés de produtos da acuicultura, e proporcionando unha referencia técnica para a formación de emprendedores neste sector de actividade. O proxecto considera nunha fase posterior a produción baixo teito doutras especies, como a garoupa, os pepinos de mar, diversos poliquetos e crustáceos de interese comercial.

A tecnoloxía hiperintensiva BFH-R está baseada nos sistemas en Bandexas de Fluxo Horizontal (BFH ou Shallow Raceway Systems, SRS) en réxime de recirculación (Recirculation Aquaculture Systems, RAS). Existen varias plantas industriais na Unión Europea utilizando tecnoloxía BFH-R para a produción de rodaballo (Scophthalmus maximus), linguado senegalés (Solea senegalensis) ou linguado europeo (Solea Solea), e certos moluscos e crustáceos en España, Holanda e Portugal. As principáis vantaxes dos sistemas BFH-R derivando aforro de recursos, esixindo só un 20-50% do terreo requerido polos métodos tradicionais de produción en terra, e diminuíndo drásticamente os custos operativos de man de obra ,enerxía e auga por tonelada producida.

Con todo, e a pesares do grande interese de novos promotores acuícolas pola implantación desta tecnoloxía tanto en auga doce como salgada, aínda persisten algúns problemas técnicos que condicionan a súa viabilidade. Entre eles, o requisito de contar con dietas deseñadas específicamente para este sistema de cultivo, a baixa relación auga/biomasa,que fai imprescindible o axuste preciso dos sistemas de tratamento de auga para cada aplicación particular, e a necesidade de desenvolvemento de solución ad hoc para xestionaras rutinas  de manexo, selección, clasificación e colleita do cultivo en condicións que aseguren as súa operatividade industrial.