Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Novidades

01-04-14 |

Iniciativa Global para a sostibilidade no cultivo do salmón

O salmón é, probablemente, a especie máis representativa do éxito mundial da acuicultura. O seu cultivo desde os anos 70 ata o presente mudóu o que antes era un luxo nun alimento cotián e seguro, cunha forte presenza na maioría dos restaurantes e menús. O consumo de salmón de acuicultura triplicouse desde os anos 80, afianzándose como alimento valorado polos consumidores pola súa excelente relación custo-beneficio, o que explica a súa popularidade nos principais mercados mundiais.

Dende o punto de vista da produción, o salmón de acuicultura, con preto de 2,4 millóns de toneladas producidas anualmente e un valor de facturación de 4.500 millóns de euros,  representa o sistema de produción animal que medra máis rápidamente na actualidade.

O desenvolvemento da industria do salmón verificóuse sobre todo en Europa, Xapón e Estados Unidos. Unha iniciativa recente, que engloba os principais produtores destas tres áreas, recoñece a importancia da posta en marcha dunha estratexia para garantir a sustentabilidade da produción de salmón de acuicultura, con especial énfase sobre o proceso de certificación, da bioseguridade e do control das materias primas utilizadas na produción de alimento para esta especie.

A Iniciativa Global do Salmón (www.globalsalmoninitiative.org) agrupa ós principais produtores de acuicultura en Canadá, Chile, Escocia, Illas Feroe, Irlanda e Noruega, e conta coa participación de institucións como o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) e as Nacións Unidas a través da FAO (Food and Agricultural Organization). O programa de traballo analiza os informes regulares dos socios e implementa prácticas de divulgación e transparencia, utilizando indicadores de sustentabilidade como o consumo de alimentos e materias primas, a frecuencia anual de fugas, a capacidade de carga, o impacto ambiental, o seguimento de enfermidades, a prevalencia de parásitos, o impacto social sobre as comunidades locais e a creación de emprego de calidade derivado desta actividade.