Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Novidades

17-07-15 |

Unha dependencia menos da pesca

Unha nova estratexia ven de superar a antiga dependencia da pesca para a produción de ácidos graxos poliinsaturados, máis coñecidos como omega-3, ingredientes esenciais nos pensos para peixes. 

Os aceites omega-3 - especialmente os ácidos graxos de cadea longa, ácido eicosapentaenóico (EPA) e docosahexaenóico (DHA) - son recoñecidos polos seus beneficios para a saúde, importantes na prevención de enfermidades vasculares e neurodexenerativas. Ata agora, o EPA e DHA só podían ser obtidos a partir de fontes mariñas, alomenos en condicións de seren utilizados para o consumo humano. Os peixes mariños, do mesmo xeito que as persoas, acumúlanos ao alimentarse doutros organismos (microalgas, zooplancto, outros peixes); os peixes de cultivo obtéñenos da fariña e aceite de peixe que conteñen os pensos cos que se alimentan. Polo tanto a produción de peixe de acuicultura sempre dependéu da pesca para obter esa materia prima esencial. 

Aínda que nas últimas décadas, a acuicultura experimentou un forte crecemento a nivel mundial, desprazando por primeira vez en 2013 á pesca como fonte principal de peixe para consumo humano, non estaba claro cómo se ían superar esas limitacións, especialmente nun entorno de estancamento das capturas. En 2011, aproximadamente o 85% do aceite de peixe producido en todo o mundo foi utilizado na acuicultura. Pero novos datos pubricados recentemente confirman a capacidade dunha nova estratexia para producir estes ingredientes en terra, a partires de cultivos agrícolas, abrindo grandes oportunidades para o desenvolvemento sostible desta industria adicada á produción de animais acuáticos.  

O traballo de campo desenvolvido na Estación Experimental británica de Rothamsted, con participación española, amosa a capacidade da planta Camelina sativa ou falso liño para acumular omega-3 en cantidades que permiten o seu aproveitamento industrial. Trátase dunha crucífera altamente resistente ao frío e a seca, de ciclo curto e baixo custo de produción, esixindo abono moderado, que cultívase en campos de barbeito ou en rotación con cereais debido ao elevado (30%) contido en aceite das súas semillas, malia que este non sexa do tipo omega-3. 

Os científicos de Rothamsted xa demostraran a posibilidade de deseñar axeitadamente plantas de camelina para producir EPA e DHA, a través da introdución dun conxunto de sete xenes baseados en secuencias de ADN atopadas en certos organismos fotosintéticos mariños. Aínda que experiencias anteriores en invernadoiro xa avanzaran esta posibilidade, a importancia do traballo de Rothamsted radica en que por primeira vez demóstrase a estabilidade desta característica en condicións medioambientáis comparabeis ás dunha colleita agrícola  tradicional. As plantas modificadas chegaron a sintetizar ata un 15% de EPA e DHA sen efectos negativos no rendemento, nin nos cultivos ó seu redor. A monitorización das probas de campo non detectóu diferenzas fenotípicas no crecemento, floración, contido en proteína ou na estrutura das sementes  modificadas, en relación ás plantas control.