Acuinuga. Acuicultura y Nutrición de Galicia

Proxectos

29-10-08 |

Cultivo extensivo de rodaballo (Scophthalmus maximus)

 

Neste proxecto pioneiro de cultivo de rodaballo en esteiros utilizamos a nosa experiencia no manexo desta especie co saber facer en enxeñeiría e nutrición dun equipo multidisciplinar capaz de abordar novos retos no cultivo de especies acuáticas.

Os sistemas de cultivo en esteiros caracterízanse polas súas baixas densidades de estabulación, a importancia no manexo da calidade de auga e a necesidade de deseñar estratexias de alimentación que, satisfacendo os requirimentos do cultivo, sexan respectuosas co medio ambiente. Ao traballar en corpos de auga naturais, a monitorización precisa de parámetros e o axuste continuo de densidades convértense en aspectos de importancia fundamental para o desenvolvemento exitoso do proxecto.

Para este proxecto deseñamos novos elementos de contención que garanten unha boa renovación da auga como parte dun proceso produtivo innovador no que a énfase recae sobre as boas prácticas de manexo tanto na fase de preengorde como na de engorde.

Así mesmo, a División de Nutrición de Acuinuga desenvolveu novas dietas específicas para esta aplicación, en cuxa composición se incluíron materias primas de orixe local favorecedoras da saúde do cultivo, con textura e palatabilidade adecuadas ás características da acuicultura extensiva.

O resultado é un produto artesanal no que o alimento engadido é tan só un 40% do alimento natural inxerido polos animais (camarón, peixes, algas), cunha morfoloxía, pigmentación e sabor practicamente indistinguibles ás do rodaballo procedente da pesca extractiva. 

Prema aquí para ver a oferta de Rodaballo de cultivo extensivo