Manual de APPCC
Características

Principios xerais do sistema APPCC: (1) Identificación dos posibles perigos asociados co manexo ou produción de alimentos e enumeración de medidas preventivas, (2) Determinación dos puntos críticos de control (PCC), (3) Establecemento dos límites críticos, (4) Establecemento de sistemas de vixilancia, (5) Establecemento de medidas correctoras, (6) Establecemento dos procedementos de verificación e (7) Establecemento do sistema documental de todos os procedementos e rexistros xerados polo sistema.

Desenvolvemento dos compoñentes do Manual APPCC: (1) Descrición do produto, (2) Elaboración de diagramas de fluxo, (3) Elaboración de rexistros e fichas de monitorización, (4) Elaboración de plans de limpeza, (5) Determinación das análises microbiolóxicas e físico-químicas necesarias e (6) Plan de mantemento de equipos e útiles de traballo, etc.

Observacións

Laboratorio acreditado pola Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, ref. SA680A 2002/19-0. Certificación ISO 9001:2008 N.º CA-1.061.

Periodicidade das visitas: realizaranse visitas regulares ás instalacións da empresa para a toma de datos, determinación de puntos críticos de control, formación do persoal, etc. Unha vez que estea implantado o sistema APPCC levarase a cabo un seguimento para manter toda a documentación ao día.

Ensayos analíticos realizados mediante métodos normalizados (normas ISO, Standard Methods, AOAC, AFNOR, etc.).

Para maior información, realización doutras análises específicas e obtención dunha oferta detallada consulte co noso laboratorio en laboratorio@acuinuga.com.