Contador electrónico de peixes de grande precisión (99%). Permite o cálculo preciso de biomasa para o axuste de densidades de estabulación, niveis de alimentación, protocolos de vacinación, etc. De fácil manexo, os animais discorren por 1-4 catro canais de conta independentes. O número de peixes que pasa polo extremo de cada canle queda rexistrado nunha central de control. No caso de que dous ou máis peixes pasen simultaneamente pola canle, o microprocesador utiliza un avanzado sistema de software algorítmico que permite procesar os datos obtidos no reconto, minimizando as posibilidades de erro. Están deseñados para a súa utilización conxunta con bombas de trasvase e clasificadoras automáticas (fichas técnicas n.º 510 e 512) que permiten o trasvase, a clasificación e a conta do cultivo nunha soa operación.